sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009

Vida de blogue...


Ante a insistencia, case acoso, das persoas que me rodean para que abrise un blogue non puiden máis que rematar por lles facer caso.



Non sei moi ben con que proxecto nacerá este blogue, nin cando o actualizarei (son bastante deixado para estas cousas) só sei que co nome que lle dei ao blogue será un sitio onde divague e colgue aquilo que teña a ver coa lingua, coa nación...basicamente co que somos e co que nos acontece como galegos e galegas que somos.



Ben, isto semella que vai botar a camiñar...agardo que non me deixedes só no camiño.



Un sáudo a todos e todas!

Sem comentários:

Enviar um comentário