sexta-feira, 13 de fevereiro de 2009

Vai de videos...

Sen dúbida, esta campaña estase a caracterizar porque os diferentes grupos políticos saíron á conquista da rede, algúns con máis fortuna que outros...mais éche o que hai! imos ver con que nos andan agasallando... neste caso o BNG. Que os disfrutedes! Porque cando se trata de defender ao país...




Vida de blogue...


Ante a insistencia, case acoso, das persoas que me rodean para que abrise un blogue non puiden máis que rematar por lles facer caso.



Non sei moi ben con que proxecto nacerá este blogue, nin cando o actualizarei (son bastante deixado para estas cousas) só sei que co nome que lle dei ao blogue será un sitio onde divague e colgue aquilo que teña a ver coa lingua, coa nación...basicamente co que somos e co que nos acontece como galegos e galegas que somos.



Ben, isto semella que vai botar a camiñar...agardo que non me deixedes só no camiño.



Un sáudo a todos e todas!